domingo, 9 de marzo de 2014

Exercicio 1: Resolución de circuito en serie mediante calc

 
O obxectivo deste primeiro exercicio é realizar unha folla de cálculo para resolver circuitos eléctricos en serie. a disposición global da folla será a seguinte:



Para darlle forma ás celdas da táboa, facemos click co botón dereito na celda que queramos editar, e seleccionamos a opción "Formatear celdas" no menú emerxente. Na pestaña "Fuente" cambiamos o tipo e tamaño de letra. Na pestaña "Borde" engadimos os bordes axeitados ás celdas, e na pestaña "Fondo" eleximos a cor da celda.  Tamén podes realizar estas funcións cos iconos dos menús da barras de ferramentas, pasando o punteiro sobre eles aparecerá a función de cada icono, proba para descubrir cal é cal.
 
 
Para que se visualicen automáticamente as unidades dos valores introducidos, volvemos a facer click co botón dereito nas celdas a editar, seleccionamos "Formatear celdas", e escollemos a primeira pestaña do menú, a pestaña "Números". No apartado "Categoría", escollemos "Definido polo usuario", e na parte inferior do menú, no apartado "Formato de código", escribimos
#.##0,00 [$Voltios] e clicamos en Aceptar
Para as diferentes unidades da tabla, facemos o mesmo proceso substituindo a palabra Voltios pola unidade correspondente, Amperio, Watios etc... Deste xeito o usuario da táboa só ten que introducir os números dos datos a empregar, e as unidades aparecerán de xeito automático. Se escribiramos as unidades xunto co número, Calc nos daría una mensaxe de erro, pois non recoñecería o contido da celda coma un número.
 
Agora pasamos a cubrir as celdas dos resultados da táboa.
 
 
O valor da intesidade é a suma das intensidades das lampadas. Recorda que as fórmulas nas celdas de Calc sempre comezan co símbolo = . Tras o igual, fai click nas casillas nas que figura a resistencia das lámpas, escribindo un signo + entre elas. A intensidade vai ser igual á tensión do circuito entre o valor da resistencia total do mesmo. Tras o igual, fai click na celda da tensión do circuito, engade  a barra de división / e clica na celda da resistencia global. A potencia é igual á tensión do circuito pola intensidade global. Facendo doble click nunha celda que contén una fórmula, aparecen as celdas que interveñen nesa fórmula resaltadas na folla de cálculo cunha identificación de colores. Esta é una forma axeitada para revisar que as celdas que metemos nunha fórmula son as axeitadas.
 
 
Comezamos a encher as celdas de valores parciais. A tensión de cada lámpada será igual á intesidade global, que é a mesma para todas as lampadas, pola resistencia de cada unha das lámpadas. Na fórmula, engadimos un $ diante do número da celda da instensidade, xa que esta é a mesma para todas as lámpadas e é una referencia absoluta. Facemos click co botón esquerdo na celda, e arrastramos cara abaixo o cadradiño negro que aparece na marxe inferior dereita da celda para encher os valores das outras lámpadas. A tensión total é igual á suma das tensións parciais.
A intensidade é igual á tensión parcial da cada lámpada dividida pola resistencia de cada unha. Neste caso podes arrastrar a fórmula cara baixo do mesmo xeito que antes. A intensidade total é igual ás intensidades parciais, xa que só hai una rama de circuito para que circule a intensidade.
A potencia é igual á multiplicación de tensión parcial por intensidade parcial. Repite o proceso de arrastre para as demais lámpadas. A potencia total é igual á suma das potencias parciais.
 
 
 Agora imos a simular o encendido das lámpadas. Sitúa a imaxe do circuito de xeito aproximado de forma que as lámpadas coincidan con una celda xusto debaixo, máis ou menos coma na imaxe superior. Agora seleccionamos a celda xusto debaixo da primeira lámpada, e clicamos no menú "Formato", e eleximos a pestaña "Formateo Condicional". Aparecerá o seguinte menú:
 
 Na pestaña Condición 1, eleximos no menú desplegables a opción "La fórmula es".
Clicamos no icono cunho flechiña verde para introducir a fórmula. A condición para que a lámpada encenda é que a tensión parcial na mesma sexa maior que a tensión umbral. Clicamos na celda da tensión parcial da lámpada 1, engadimos o signo > e clicamos na tensión umbral da lámpada 1. Unha vez introducida a fórmula, clicamos na pestaña "Nuevo estilo", e aparecerá o menú "Estilo de Celda". Eleximos a pestaña "Fondo" e escollemos a cor amarela e clicamos en aceptar.
Agora activamos a condición 2. Os pasos son os mesmos, só que agora a fórmula é que a tensión parcial na lámpada sexa menor que a tensión umbral da mesma, coque empregamos o signo < . Na pestaña "Fondo" da opción "Nuevo estilo" escollemos a cor negra para simular que a lámpada está apagada.
Repetimos o proceso nas celdas inferiores das outras lámpadas, tendo coidado de escoller as tensions parciais e umbrais correspondentes a cada lámpada.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario