Para escribir texto en vertical, no menú "Formatear celdas", na pestaña "Alineación", eleximos a opción "Disposición vertical".
Para a selección do elemento a levantar, seleccionamos a celda co botón esquerdo, e no menú "Datos" da barra superior, eleximos a pestaña "Validez" no menú desplegable. Na opción "Permitir", seleccionamos "Intervalo de celdas" e na pestaña "Origen", clicamos no botón coa flechiña verde e eleximos as celdas que van en vertical desde XBOXONE ata Rinoceronte Blanco. Agora o usuario da folla de cálculo poderá elexir elemento a levantar da lista desplegable que aparece cando clicamos na flechiña que sae agora na celda.
Na celda de FB, imos empregar a función de Cac BUSCARV para que apareza automáticamente o valor da resistencia vencer una vez seleccionado o elemento a levantar. A sintaxe da fórmula é a seguinte:
Escribimos =BuscarV, e os parámetros da función entre parénteses e separados por punto e coma. O primeiro parámetro é o valor que a función vai buscar, neste caso o elemento a levantar, polo que clicamos na celda correspondente. Separado por punto e coma, introducimos a matriz na que se vai buscar os datos. Clicamos co botón esquerdo en XBOXONE e arrastramos ata o peso do ronoceronte blanco, seleccionando a matriz coma se mostra na imaxe. De novo punto e coma e escribimos un 2, xa que o valor que queremos que nos devolva a función BuscarV está na segunda columna da matriz que lle indicamos. Finalmente un novo punto e coma e escribimos un 0, xa que os elementos da matriz non están ordenados. Metemos toda a función entre paréntesis e a multiplicamos polo valor da aceleración da gravedade para obter a forza que queremos vencer coa palanca (Forza=masa x aceleración), que neste caso aproximamos a 10.
Finalmente introducimos o valor da fórmula da forza que é preciso aplicar para levantar o peso. Será igual á resistencia a vener pola lonxitude do brazo da palanca nese lado, dividido pola lonxitude do brazo da palanca no que aplicamos a forza.




No hay comentarios:
Publicar un comentario